miércoles, 27 de julio de 2011

O REDACTOR INDEPENDENTE

Comunicacións profesionais, entre empresas e consumidores, entre Administración e cidadáns, ensaios sobre o cotián e o extraordinario
Tan importante como ven a ser para as grandes firmas atopar as palabras para mellor vender os seus produtos, para as institucións epatar cos veciños, tan valioso como pode chegar a ser a elección do discurso amoroso que teña en conta no só os contidos por expresar senón tamén a personalidade do emisor e do destinatario, a situación, as motivacións... Non podemos nin é o noso cometido suplantar aos suxeitos no acto comunicativo pero si somos quen de dar a mellor expresión aos seus sentimentos.
As palabras precisas para describir a nosa relación co mundo, tender lazos, dar forma á satisfacción ou á desconformidade. Unha escrita ben elaborada desde a sobriedade ou ben xenerosa coas licencias poéticas. Nada é alleo ao obxectivo da nosa pluma.
Desde O REDACTOR INDEPENDENTE saudamos esta nova etapa como a das oportunidades compartidas desde o mellor aproveitamento dos recursos comunicativos.

Contacto: santicasal.scq@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario